Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde e Méndez López dan a saída á IV Volta as Comarcas de Lugo que reunirá na provincia a máis de 200 participantes de toda España

Lugo 25-5-18. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, deron o pistoletazo de saída á IV Volta ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, que deu comezo este venres dende a Praza Maior da capital luguesa e continuará durante toda a fin de semana. Celebraranse 3 etapas, que discorrerán por 12 municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde e Pol. Son preto de 200 os participantes, que proceden de toda Galicia, así como doutras comunidades como Valencia, Estremadura, Asturias, Castela e León, e do norte de Portugal. Os corredores, xunto aos seus acompañantes, xa teñen reservado aloxamento en Lugo, A Pontenova e A Fonsagrada, así como en municipios limítrofes, pois son os puntos de saída e chegada da Volta, que deixará uns beneficios de 100.000 euros para a provincia.

Exit mobile version