Site icon Crónica3.com A Mariña

Caxade este sábado en Cervo

Cervo 18-5-18. Este sábado, 19 de maio, o auditorio da Casa da Cultura acollerá o concerto de Caxade. Será ás 20:00 horas e a entrada é libre. Antes do concerto terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do concurso de narración e debuxo convocado desde a delegación de Cultura, con motivo do Día das Letras Galegas.
O domingo teremos cine no auditorio da Casa da Cultura. Desta volta proxectarase a película Ex Machina; unha cinta británica de ciencia ficción, escrita e dirixida por Alex Garland. Conta a historia de Caleb, un programador da empresa Bluebook que recibe como premio a invitación de Nathan, o presidente da compañía onde traballa, co fin de realizar a proba de Turing a unha androide con intelixencia artificial. A película está dirixida a maiores de 16 anos, e gañou o Óscar aos mellores efectos visuais.

Exit mobile version