Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura da exposición do Cenima

Viveiro 10-5-18. Este xoves clausúrase a quinta edición da Semana das Artes plásticas da Mariña, na que se mostraron 33 obras de 21 artistas mariñáns, e pola que pasaron máis de 2000 persoas. Esta mostra foi visitado por máis de 1700 alumnos/as dos 29 centros de ensino da Mariña, no que cremos é a exposición temporal máis visitada en toda Galicia, polos centros escolares. A exposición contou con dúas monitoras Iria García e Eva López , ambas licenciadas en Artes, que guiaron a mostra didacticamente dende o 28 de Marzo, ós/ás rapaces/as da Mariña grazas á colaboración entre o presidente da Mancomunidade de Municipios e a Asociación cultural Tá en artes. Así mesmo editáronse 500 catálogos ca información das obras e artistas grazas á colaboración ca a Area de cultura da Deputación de Lugo. Así mesmo queremos dar as grazas ó concello de Foz na persoa do seu Alcalde, pola colaboración prestada en espazos e persoal.
Queremos resaltar dende Tá en artes, que a sexta edición solo será posible, si conseguimos que o CENIMA de Foz, sexa un espazo programado con apertura horaria suficiente e persoal necesario para que as sucesivas edicións teñan o nivel necesario para seguir medrando. Cremos dende esta Asociación que é vontade política e de orzamentos para que isto ocorra, e que non podemos ter este espazo por máis tempo infrautilizado. Na programación de Tá en artes este ano baixo o epígrafe de Homenaxe a Juan Puchades, se programaron actividades, entre as que se atopaba a quinta edición, e remataremos con unha exposición dos centros escolares da Mariña a partires do 12 de Xuño na que tanto profesoras/es, alumnas/os, levan traballando todo o curso o redor da figura de Juan Puchades e a súa actividade escultórica. Esta actividade realízase nos Centros escolares sen ningún tipo de subvención, nin ca participación da Consellería de Educación e Cultura. Entendemos que a educación plástica é fundamental na formación educativa, e debido ás diferentes leis, sobre todo á LOMCE, existe unha grave carencia neste campo na
que a nosa Asociación cultural intenta darlle unha saída. Do mesmo xeito toda a actividade plástica da Mariña tanto educativa como profesional , merece un espazo digno e programado, para que a nosa vivencia neste eido, non se vexa minguada por vivir lonxe das cidades. Capacidade e traballo existen, solo esperamos pola responsabilidade dos mandatarios políticos, para que se converta nunha realidade útil e necesaria.

Exit mobile version