Burela 2-5-18. O 23 de Marzo, o Alcalde de Burela e cargos de SUPLUSA mantiñan unha reunión e falaban dun acordo para un estudo para o polígono de Burela, na zona do Perdouro. Folga decir que era unha operación das que lle gustán ó PSOE de Burela, vender fume.
O presidente de Suplusa é o deputado do PSOE que está expedientado e apartado do partido, Manolo Martínez, SUPLUSA está baleira de contido e sen capacidade real para facer o estudo, está é a realidade. Se é de forma contraria solicitamos ó alacalde que faga público o documento de acordo e os plazos reales de execución, dende CxG Burela dudamos que exista tal documentación.
A foto é a certificación de que o PSOE de Burela carece de peso na Provincia, posicionandose co díscolo, difícilmente poden atraer inversión á nosa vila dende o ente provincial.
A realidade é que o Alcalde ten as compentencias en materia de emprego e a política local neste senso non pasa do mercantilismo e favores de catro contratos de temporada que fai o concello de forma subvencionada, para os seus amigos. A inversión real é cero e o asentamento de empresas tamén e cero.
En Burela gobernase a golpe de titular de prensa, que non pasa de ser mentira tras mentira, só compre revisar a hemeroteca para darse conta que este Alcalde e o seu equipo non teñen palabra.