Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela pide o goberno local que este ano non anuncie o turismo-mariñeiro

Burela 12-5-18. En 2015, 2016 e 2017 o Concelleiro de Turismo e o Alcalde de Burela anunciaron a posta en marcha para Burela do turismo mariñeiro cada un deses veráns. Incluso en algunha das presentacións coa ACIA e a Confraría. Este ano adiantámonos e pedimos que, por dignidade política, deixen de facer o ridículo.

Compre poñer un pouco de realidade, CxG denuncia que sistematicamente neste senso o Concello non é capaz de facer unha soa xestión de forma directa, xa que non teñen COMPETENCIAS, polo cal solicitamos do Sr. Llano e do Sr. Ramiro que deixen de facer “superofertas” que so serven para saír nos medios e xustificar a súa presencia en algún que outro “sarao” ISO SI pagados con cartos dos veciños.

Se é certo que apostan por esta realidade e nicho de mercado no turismo, Compromiso por Galicia empraza ó goberno de Burela a facer as cousas ben, empezando por visitar vilas de Galicia onde isto funciona: Lira, Muxía, Carnota e especialmente ofrecémonos a que sexan recibidos en Muros, concello goberno por CxG que ten no proxecto Ría da Estrela un exemplo práctico.

Supoñemos que nuns días farase o anuncio dende o Concello con moita pompa e ningunha realidade. Pero emprazamos ó Sr. Ramiro que presente datos sobre as iniciativas neste eido en 2015-2016-2017, impacto económico e iniciativas privadas saídas da “forte promoción” feita polo concello, que non pasa de saír en prensa, CxG Burela xa adianta o informe: TODO O FEITO E IGUAL A CERO

Exit mobile version