Site icon Crónica3.com A Mariña

Dámoslle a benvida a “Xornal da Mariña”, ao mesmo tempo que lle lembramos que crónica3 leva 16 anos ó servizo da información da comarca en idioma galego

A Mariña 20-5-18. O nacemento dun medio é sempre unha boa nova. Por elo parabenizamos aos responsables de Xornal da Mariña por iniciar esta andaina nuns tempos difíciles para os medios de comunicación, máis aínda aos que usamos o galego. Porén estamos en total desacordo coa informaciónn que acompaña a súa inauguración, autodefiníndose como “O primeiro gran xornal dixital en galego da comarca”. Con todo o respecto, queremos lembrar ao/aos reponsables de Xornal da Mariña, que crónica3 leva 16 anos ininterrupidamente ofrecendo a máis completa información da Mariña en galego. Así o acreditan os milleiros (en torno a 40.000 mes) lectores que nos visitan. Polo que non entendemos como este dato non se contemple ou esqueza á hora de anunciar este novo dixital. En todo caso, agardando sexa aclarado este punto, saúdamos aos compañeiros do novo medio e desexámoslle sorte neste camiño.
Félix Jorquera. Editor de crónica3

Exit mobile version