Foz, 9 de maio de 2018. Xa se coñecen os nomes das gañadoras dos premios que sorteou o Centro Comercial Aberto de Foz na súa campaña do Día da Nai. Todas aquelas persoas que fixeron as súas compras nos locais asociados entre o 27 de abril e o 6 de maio recibiron papeletas para participar no sorteo celebrado esta mañá nos estudios de Radio Foz.
En xogo puxéronse 5 vales de compra de 50 euros cada un para gastar nos establecementos asociados. As afortunadas son Sonia González, que mercou en Kukadas; Josefina Espert, en Ofifoz; Yolanda García, consumiu en Anduriña; Piedad Veiga, fixo compra en La Flor Abulense; e Mª Carmen Rodríguez, mercou en Ginzo.
Tamén se sortearon esta mañá 5 tratamentos de beleza. Nesta caso as premiadas son Mónica Picos, que fixo unha compra en Arrullos; Toñi Fernández, que mercou en Belián Norte; Mª Fernanda Fernández, comprou en Carmen Léon; Piedad Blanco, acudiu a mercar a Alain Afflelou; e Vilma Chala, que fixo compra en Chinela Nenos.
Desde o Centro Comercial Aberto felicitan ás gañadoras da campaña do Día da Nai.