Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Edrosa e María do Campo son as novas gañadoras do último sorteo da 2ª Ruta dos viños de Foz, que se celebra na localidade os xoves, venres e sábados ata o 26 de maio

Foz, 8 de abril de 2018. Segue a 2ª Ruta dos Viños de Foz, que organizan 9 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña, os xoves, venres e sábados ata o 26 de maio. Os participantes, socios do Centro Comercial Aberto, son Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy Days, Express, Anduriña, Xoiña e Aroma Café. Cada local ofrece unha tapa especial aos clientes os xoves, que venden a 1,50 euros.
Nas últimas horas tivo lugar un novo sorteo de agasallos entre os clientes que acoden a esta cita semanal. As afortunadas son Elena Edrosa, que obtivo unha cea para 2 persoas en Happy Days, e María do Campo, a quen lle tocaron 4 vales de 20 euros cada un para consumir en Anduriña, Mayros, Aroma Café e Express.
Os sorteos da 2ª Ruta dos Viños celébranse en Radio Foz.
Cea aniversario
Acia Foz ultima os detalles da cea de conmemoración dos trinta anos da súa creación, que terá lugar o 16 de maio no restaurante Leytón. Seguen á venda as tarxetas para asistir a esta cita en ABanca en Foz, en Electricidad Núñez, nas oficinas do CCA focense e tamén no Leytón. Desde o CCA animan “a asistir a todas as persoas que o desexen, xa que a cea é aberta a todo público”. Esa celebración servirá tamén para homenaxear a Suso Fernández, o primeiro presidente de Acia Foz, que levou as rendas da asociación durante quince anos.

Exit mobile version