A entrada é libre e gratuíta. O director da Escola, Xan Carballal, salienta que “se tocarán unha serie de pezas clásicas e modernas de distintos niveis, abarcando tanto cancións populares, francesas, inglesas, etc…, como de autores de prestixio, é o caso de Offenbach e Michael Jansen, entre outros”. As pezas estarán interpretadas polos alumnos Mateo Medina Álvarez, Xabier Diz Expósito, Noel Cayón Meitín, Julia García Ramil, David Pita Pernas, Franklin Olaya Saavedra e Pedro Balseiro Santos.