Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores tivo lugar no salón de plenos do Concello unha xuntanza da comisión mixta xestora previa á sinatura do convenio de colaboración anual que dentro duns días firmarán o Concello e Acisa

Por parte do Concello asistiron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, o concelleiro de Facenda, Vicente Castro, a edil socialista Cristina Losas e a adl Mónica Barcia. E por parte de Acisa acudiron a este encontro o presidente, Francisco Iriarte, a secretaria, Mª Antonia López, o vogal Roberto Rivas e o xerente, Jesús Pérez. No acto Acisa fixo unha exposición do plan de traballo para o vindeiros meses, que foi aprobado por unanimidade.

Exit mobile version