Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado terá lugar a segunda etapa da peregrinación entre Santiago e Fisterra-Muxía, que organiza o concello de Barreiros. Será a comprendida entre Ponte Maceira e Vilaserio

Barreiros, 18 de maio de 2018. Este sábado, terá lugar a segunda etapa da peregrinación entre Santiago e Fisterra-Muxía, que organiza o Concello de Barreiros. Será a comprendida entre Ponte Maceira e Vilaserio, que son un total de 19 quilómetros.
A primeira das etapas celebrouse o pasado 5 de maio. José Manuel Gómez Puente, concelleiro de Medio Ambiente, lembrou que “empezamos na praza do Obradoiro deixando a Catedral de Santiago atrás rumbo á Costa da Morte. Fixemos 18 quilómetros ata a parroquia de Ponte Maceira, do Concello de Negreira, en A Coruña. Foi unha etapa onde nos reencontramos despois dun ano, e reinou un bo ambiente. A xornada discorreu camiñando entre frondosos bosques de carballos, dándonos a súa sombra que ben agradecemos. Tivemos unha forte subida ao monte Mar de Ovellas e logo acabamos en Ponte Maceira, lugar fermoso, cruzado polo río Tambre, cunha magnífica ponte de pedra”.
Esta nova peregrinación do Concello barreirense realízase nesta edición en sábados alternos.

Exit mobile version