
Grazas a esta actividade os máis pequenos aprenderon educación vial e á vez divertíronse e fixeron exercicio. Con karts, bicis e motos sen pedais puideron percorrer o circuíto fixándose no que cada sinal significa e nos semáforos. Desde Gaia consideran “de enorme importancia traballar a educación vial dende idades temperás, fomentando actitudes que xeneren conciencia cidadá e comportamentos encamiñados á creación do sentido vial, á convivencia e ás pautas axeitadas para a mobilidade segura”.