Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, plataforma de futuro” solicita que a apertura da nova residencia de anciáns e centro de día se axuste á legalidade e non compartimos os prezos tan altos que o PP de Foz quere impoñer ós usuarios

FOZ a 03 de Maio de 2018. O grupo municipal Foz Plataforma Futuro, mediante os seus Concelleiros: Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, analizan en profundidade o punto número 4 da proposta da alcaldía, do pleno do pasado xoves 26 de Abril sobre a residencia de maiores e centro de día. Creación do servizo. Determinación da forma de xestión. Aprobación inicial dos regulamentos do servizo.

O día 27/10/2016 o pleno coa maioría absoluta dos votos do Partido Popular e do BNG aproban a proposta de convenio entre o Consorcio Galego de Servizos Igualdade e Benestar e o Concello de Foz, para que este último o xestionase, querendo adxudicarllo directamente a Mensaxeiros da Paz.

O dia 26/07/2017 a Dirección Xeral de Asemblea Local emite un informe coa lexislación aplicable pertinente que consiste; na inexistencia de duplicidade de competencias sendo favorable.
Así mesmo a Consellaría de Facenda o 18/07/2017 informa favorablemente sobre a sustentabilidade financeira con limites e condicionantes;
Que o servizo sexa explotado en réxime de concesión, doutro xeito non seria legal, pois pretendíase dar directamente a “Mensaxeiros de la paz” no pleno aprobado o 27/10/2016, co beneplácito do PP-BNG de Foz, e que lles obriga a recuar nas súas pretensións. “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO”, sempre apostou pola xestión pública .
O Concello terá a obriga de aprobar un Plan Económico Financeiro no ano en curso (2017) e o seguinte (2018), co cumprimento do obxectivo e a regra de gasto.

O dia 31/07/2017 asínase o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos Sociais e Igualdade, e o Concello de Foz ,para a xestión do fogar residencia e centro de día ,coa duración de 2 anos mais 2 mais prorrogables dende esta sinatura. Dato moi significativo posto que “Foz, Plataforma de Futuro” advirte na sesión plenaria que o tempo esta a correr, xa case levamos un ano percorrido e sen avances, polo tanto xa non estaríamos a falar en realidade do tempo asinado no convenio.
Polo cal o primeiro punto da proposta da Alcaldía e tras estudar os informes pertinentes de secretaría e intervención, un dos cales o secretario nos informa desfavorablemente na parte económica, ditamina que a data de hoxe non está rematado o PEF e de aprobar isto estaríamos incumprindo as condicións da Dirección Xeral de Admón. Local.
Informe relevante polo cal “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” solicita deixar enriba da mesa esta proposta ata traer ese plan económico en condicións e garantías para tal cumprimento da lei.
Este Plan Económico financeiro, hai que recordar, non vai afectar soamente ós usuarios da nova residencia senón que vai afectar a tódolos veciños do noso Concello, xa que vai supor unha suba de impostos, ou redución nas inversións, motivado pola mala xestión do PP ó fronte do concello de Foz, por excederse nos gastos do presuposto durante varios anos consecutivos.

No 2ª punto, sobre a memoria xustificativa da prestación do servizo, regulamento do réxime de aceso o servizo tanto da residencia como do centro de día, e despois de analizalas en profundidade vemos como os baremos de puntuación son moi igualitarios tanto en dependencia como idade como a situación socio familiar, FPF pensa que non debería puntuar igual a idade ca dependencia, pois pode haber persoas con menos idade e ter mais dependencia, isto ultimo dato moi importante a ter en conta a hora de acceder a unha praza, baixo o noso punto de vista.
No aspecto financeiro, certo que realmente é aberrante e inaccesible para un computo de veciños moi amplo do noso concello, nas prazas de residencia os prezos oscilan estre os 900 euros para persoas non dependentes e os 1375 euros para persoas totalmente dependentes, o Concello non ten intención ningunha de subvencionar absolutamente nada, o prezo será na súa totalidade asumido polos usuarios, isto de xestión publica non ten nada …lamentable poñer un edificio custeados por todos e con diñeiro de todos a mans privadas e con animo lucrativo.
Está o equipo de goberno do Partido Popular a dicir que a Xunta de Galicia concede axudas á dependencia, concretamos que son ridículas, e que moitos usuarios terán que gastar integramente a súa pensión e mais poñer diñeiro a maiores.
No centro de dia os prezos oscilaran entre os 360 euros a media xornada e os 600 xornada completa, bus 50 euros, de luns a venres, prezos case como un centro privado…
Chámanos poderosamente a atención que este regulamento e practicamente igual como un copia e pega o do Concello de Cervo actualmente concedido a concurso…a “Mensaxeiros de la Paz”. Que casualidade, ¿non creedes?

“FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” ESTAMOS A FAVOR de seguir avanzando e axilizando para por en marcha a nova residencia de anciáns e Centro de día, pero deixamos claro que nunca aprobaremos informes vinculados desfavorablemente, e defenderemos con unhas garantías, tanto económicas para o Concello como para o usuario. Non permitiremos tal atraco ós nosos maiores.
Levamos varios plenos preguntando o estado da residencia e a resposta sempre a mesma, á espera do plan económico do 2018, o cal non entendemos a proposta de pleno do mes abril.
Neste punto está sobradamente demostrada que a “pinza” PP e BNG o único que fixo foi atrasar a posta en marcha da nova residencia e centro de día, só fai falta facer unha pouca de memoria…. e dende a nosa formación non vamos a vender a calquera prezo ós nosos maiores. Posiblemente teñamos unha decisión “acordada” na vindeira campaña electoral.

“DESPROPÓSITO TOTAL DOS QUE GOBERNAN FOZ”

Exit mobile version