López Izquierdo subliñou que “dende o Executivo da Deputación ofrecemos por primeira vez esta iniciativa escolar co obxectivo de achegar aos alumnos e profesores da provincia ferramentas coas que poidan traballar nas aulas conceptos e ideas que melloren a igualdade. Esta campaña está enmarcada na aposta decidida do Goberno da Deputación de eliminar vellos estereotipos e fomentar nos nenos e nenas a idea de que a elección dun traballo, dunha carreira e dun compromiso coa sociedade nos fai máis libres. Por iso, é fundamental que dende a infancia aprendan que as profesións non teñen sexo: non hai traballos diferentes para homes e mulleres. As administracións públicas temos a obriga de traballar para que as nenas decidan e sexan de maiores o que queiran ser. Por iso, dende o Goberno da Deputación seguiremos co noso empeño e determinación de facer isto realidade”.
A Deputada de Promoción Económica e Social destacou a extraordinaria acollida que tivo este proxecto “pois son 72 centros públicos de Educación Infantil e Primaria da provincia os inscritos na campaña Aprendendo Igualdade da Deputación. Todo un éxito”.
Libros de textos gratuítos para os centros
O Executivo Provincial editou o libro “Vanesa non quere ser princesa” que conta unha historia de ficción adecuada aos cursos de educación infantil e primaria. Nesta primeira edición o libro, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Jaime Asensi, conta a historia de Vanesa, unha nena que decide por si mesma o seu futuro profesional. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do Profesorado que achega pautas para optimizar o emprego do libro que recibirán todos e cada un dos escolares inscritos. Para chamar a atención nos propios centros escolares sobre o evento editouse o correspondente cartel.
Centros Escolares participantes
– CEIP Santa María, da Fonsagrada
– CEIP de Bretoña, da Pastoriza
– CEIP da Pobra do Brollón
– CEIP Plurilingüe da Pontenova
– CEIP do Castro de Ouro, de Alfoz
– CEIP de Antas de Ulla
– CEIP das Nogais
– CEIP de San Cosme, de Barreiros
– CEIP San Miguel de Reinante Barreiros
– CEIP San Xoán, de Becerreá
– CEIP Virxe do Corpiño, de Begonte
– CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda
– CEIP Virxe do Carme, de Burela
– CEIP Ramón Falcón, de Castro de Rei
– CEIP Veleiro-Docampo, de Castro de Rei
– CPI de Castroverde
– CPI de Cervantes
– CEIP de Cervo nº1
– CEIP Eloísa Rivadulla, de Chantada
– CEIP Xoán de Requeixo, de Chantada
– CPI Plurilingüe Virxe do Monte, de Cospeito
– CEIP de Foz nº1
– CEIP Fondo Nois, de Foz
– CEIP Plurilingüe de Lousada, de Guntín
– CEE Santa María, de Lugo
– CEIP A Ponte, de Lugo
– CEIP Albeiros, de Lugo
– CEIP Anexa, de Lugo
– CEIP As Gándaras, de Lugo
– CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, de Lugo
– CEIP Illa Verde, de Lugo
– CEIP Luís Pimentel, de Lugo
– CEIP Manuel Mallo Mallo, de Lugo
– CEIP Menéndez Pelayo, de Lugo
– CEIP Paradai, de Lugo
– CEIP Sagrado Corazón, de Lugo
– CEIP Poeta Avelino Díaz, de Meira
– CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, de Mondoñedo
– CEE Infanta Elena, de Monforte de Lemos
– CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
– CEIP Plurilingüe de Monterroso
– CPI de Navia de Suarna
– CEIP Plurilingüe do Corgo
– CEIP do Páramo
– CEIP de Currelos, de Saviñao
– CEIP do Vicedo
– CEIP de Palas de Rei
– CEIP Plurilingüe Monte Baliño, de Pantón
– CEIP Plurilingüe San Miguel, de Paradela
– CPI Uxío Novoneira, de Pedrafita do Cebreiro
– CEIP Rosalía de Castro, de Pol
– CEIP Plurilingüe Virxe da Luz, de Portomarín
– CEIP de Quiroga
– CEIP Otero Pedrayo, de Rábade
– CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo
– CEIP Plurilingüe de Riotorto
– CEIP de Samos
– EEI de Sarria
– CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, de Sober
– CPI San Tomé do Carballo, de Taboada
– CEIP Celso Currás, de Trabada
– CEIP Eduardo Cela Vila, de Triacastela
– EEI de Vilalba
– CEIP Antonio Insua Bermúdez, de Vilalba
– CEIP Manuel Mato Vizoso, de Vilalba
– CEIP Monseivane, de Vilalba
– CEIP Terra Chá, de Vilalba
– EEI San Roque, de Viveiro
– CEIP Plurilingüe de Covas, de Viveiro
– CEIP Plurinlingüe Santa Rita, de Viveiro
– CEP Luís Tobío, de Viveiro
– CEIP de Xermade
– CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove