Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza un roteiro para visitar a sauna castrexa de Castañoso (A Fonsagrada)

A Mariña 10-5-18. Mariña Patrimonio organiza para o día 26 deste mes de maio unha visita a unha das xoias arqueolóxicas de Galicia, situada nas terras d’A Fonsagrada, a sauna castrexa que, probablemente, “é a máis grande do noroeste da península ibérica” e na que se efectuaron importantes traballos arqueolóxicos en 2017.

Para achegarnos á sauna desprazarémonos a pé uns 3km até chegar ao castro, onde ademais da visita aproveitaremos para xantar, polo que cada participante levará a súa comida. Pola tarde regresaremos, pasando por unha antiga explotación de ouro romana, pola capela de Santiago e polo muíño do Penallo.

Para se informar sobre o prezo e a inscrición na actividade, consultar o blog de Mariña Patrimonio. https://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2018

Exit mobile version