Site icon Crónica3.com A Mariña

Matamoros e Lucho, primeiras caras do Pescados Rubén Burela FS 2018-19

Burela 25-5-18. O Pescados Rubén Burela FS xa está inmerso en novos horizontes. Coa renovación do pivote Jorge Valhermoso Matamoros ata 2021 e a chegada do peche Luis López García, Lucho, desde o Levante UD, o equipo laranxa de Segunda LNFS 2018-19 comeza a tomar forma con cimentos sólidos e perseguindo grandes soños.

Lucho (Lugo, 1989) recalará na Mariña tras dúas tempadas no conxunto levantino de Primeira LNFS, tras o seu paso por entidades galegas de referencia no futsal de elite como Muebles Caloto (2005-06) e Lobelle-Santiago Futsal (2006-15), ademais de Aspil Vidal Ribera Navarra (2015-16). Pola súa banda, o máxico 10 cumprirá co novo exercicio a súa sétima tempada defendendo a camisola laranxa como baluarte indiscutible do vestiario.

Xunto a Matamoros e Lucho, o Pescados Rubén Burela FS tamén contará coa presenza dunha das Xoias Laranxas, Renato Lopes, con contrato en vigor para as tres próximas tempadas

Exit mobile version