Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio centenar de veciñ@s de Lourenzá participaron nunha excursión a Muxía e ás cascadas do Ézaro organizada polo Concello

Lourenzá, 29 de maio de 2018. Medio centenar de veciños e veciñas de Lourenzá participaron nunha excursión a Muxía e ás cascadas do río Ézaro organizada pola Concellería de Servizos Sociais.

Na viaxe participaron os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá e outras persoas xubiladas maiores de 65 anos ata completar as prazas dispoñibles. Estiveron acompañados nesta actividade pola alcaldesa, Rocío López, e outros representantes municipais.

A rexedora municipal laurentina explicou que foron recibidos polo alcalde de Muxía, Félix Porto, que “fixo unha presentación dos atractivos turísticos do seu concello. Con esta viaxe seguimos consolidando a boa relación entre Lourenzá e Muxía, que se iniciou na pasada edición da Festa da Faba, cando ese concello da Costa da Morte acudiu como invitado.
Dende o Concello de Lourenzá agradecemos enormemente esta gran acollida. Pásamos unha xornada moi agradable e moi frutífera, na que visitamos, entre outras moitas cousas, a igrexa de Nosa Señora da Barca e as cascadas do Ézaro (Dumbría)”.

Exit mobile version