Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno a facer as xestións necesarias para cambiar a tubería da rede de auga xeral no barrio de Mañente, en Vilaronte

Foz 25-5-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos dous meses, os veciños do barrio de Mañente, na parroquia de Vilaronte, sufriron o redor de dez cortes de auga no seu subministro. Estes cortes no subministro foron ocasionados por rebentóns que sufriu a tubería existente, tubería de fibrocemento de 100 mm , tubería de mais de 50 anos e que xa non soporta a presión que aguantaba ata a fecha. Isto mesmo que está a pasar nestes últimos tempos en Mañente, foi o mesmo que acontecía non fai moito tempo no barrio de Ribela en Cangas, onde finalmente dende o Concello se tomou a decisión acertada de cambiar 1200 mts de tubería para que se acabaran estes problemas. Este problema existente a día de hoxe en Mañente, vai ir cada vez a mais, pola experiencia tida en outras ocasións, noutros lugares do noso Concello. Este problema nas últimas semanas veuse reducido, despois de que a empresa concesionaria cambiara para evitar males maiores 50 mts, e mantendo diversas purgas abertas para aliviar a presión da zoa, sendo unha medida preventiva pero nunca definitiva.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendemos que para acabar con este problema que están tendo os veciños de Mañente, hai que cambiar os 1700 mts de tubería agora existentes por tuberías novas, xa que as actuais xa teñen moitísimos anos.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para proceder a cambiar os 1700 mts de tubería xeral que abastece o barrio de Mañente, na parroquia de Vilaronte, por unha nova, ben sexa nunha soa fase ou en varias programadas.

Exit mobile version