Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno a facer unha reparación integral da estrada do barrio de Pedrido, en Nois

Foz 28-5-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Esta última semana os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” desprazámonos ó barrio de Pedrido en Nois. O motivo foi que veciños deste barrio nos chamaron para ensinarnos o estado da estrada que da aceso a este barrio (axuntamos fotos). Efectivamente comprobamos o estado lamentable desta estrada, con numerosas fochancas, e as cunetas totalmente abandonadas con numerosa maleza e atacadas de terra. Hai que dicir que neste barrio tamén ten que acudir o vehículo do Centro de día buscar persoas dependentes e se lle fai complicado acceder polo estado da estrada.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a reparar o firme e á limpeza das cunetas da estrada que da servizo ó barrio de Pedrido, en Nois.

Exit mobile version