Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno a iniciar os trámites para a inclusión do acto de benvida á cidadania no Concello

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

En Foz, a 18 de Maio de 2018. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O “bautismo” civil, laico ou republicano consiste nun acto de benvida á comunidade dun novo membro, que adquire unha serie de obrigas e dereitos. A cerimonia civil de outorgamento da carta de cidadanía compromete a pais, padriños ou titores a defender os dereitos do pequeno. Esta cerimonia está pensada para nenos ata os 6 anos. Neste acto contemplaranse a lectura dos artigos 6, 12 e 27 da Declaración dos Dereitos Humanos Do Neno aprobada en Novembro de 1989.
Este “bautismo” civil, tamén denominado laico ou republicano, foi creado en Francia, en tempos da República, para contrapor ao acto relixioso un de carácter civil. Esta actitude foi a orixe do “bautismo” civil (Estrasburgo, 1790).
Na comunidade galega existen actualmente outros concellos onde xa está regulado o “bautismo” civil, chamado de xeito máis común : Guitiriz, Marín, Redondela e Oleiros, que foi o pioneiro en Galiza en 2008. FOZ PLATAFORMA DE FUTURO , desexa que o noso Concello a través do pleno municipal acepte esta proposta para dar unha alternativa a todos aqueles pais que desexen esta opción e que actualmente non dispoñen.
Sabemos que hai que realizar unha ordenanza na que as bases terían que existir varios puntos básicos como existir certificado de empadroamento , certificado de natalidade, libro de familia así como outros requisitos legais que os técnicos municipais serán os encargados de elaborar.
Defendamos un Concello plural en ideoloxías, en alternativas , en liberdade.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a iniciar o antes posible a tramitación da ordenanza municipal de protocolo do Acto de Benvida á Ciudadanía no Concello de Foz.

Exit mobile version