Site icon Crónica3.com A Mariña

“Nós, Os malos”

Somos malos, malísimos. Matamos anciáns, quitamos tramamentos e menciñas, profesores que dan 9 horas semanais, desfacemos paraxes naturais ou ata nos propoñemos pasar pontes polas Rías.

Nada que ver, as intencións son reformistas e viables, mellorar a contorna. Conservación da natureza ou tradicionalismo, valores ligados á dereita de orixe británica.

Non é doado ser oposición, e algúns non entenden que a función é o control. Polo camiño pérdense saúdos, loitase polo común e págase co aillamento.
Dan leccións, amedrentan pola rúa ou nas redes sociais, bloqueos, propostas para melloras das que pasan, marxinación.Trátannos como se fóramos parvos ou tolos. Ás veces deixan ver que son Holligans, cegos, que pensan coma nenos adolescentes e poucos saben da ciencia política. Branco ou Negro. Barça vs Madrid. Se un dí que é do Celta ou Dépor, galegusita, republicano e de dereitas a cahcola fai boom.

Comparados con quen rexe actualmente Viveiro, anxos caídos do ceo, mentes prodixiosas, somos escombro. Non basta ser bó, hai que semellalo. O desgoberno, brila pola carencia de ideas, pola mediocridade, nembergantes goza de populariade ou populismo. En defensa de bambi, el cervatillo herido. Boismo e benqueda a fragancia da esquerda, ás veces axfisiante e irreal, paraliza todo avance. “El Mito de la izquierda” Gustavo Bueno, “La dictadura perfecta” de Vargas Llosa. Mesmo fin, destintos medios para acadalo. ¡Quizais cómpre cambiar de folla de ruta!

Verdade é que avergoñan certas actitudes do panorama político, aproveitados e ecumbrados sen méritos e traballo polos demáis, dóenos máis para quen nos adicamos altruistamente. Señores os países con maior calidade de vida e liberdade, dos 193 da ONU son de tendeza Conservadora ou Moderada: Noruega, Suecia, Australia, Dinamarca, Holanda, GB, EEUU, Filandia, Alemaña… espellos ós que mirarse, queda camiño. Das bandeiras que ondean determinados grupos, prodictaduras trasnoitadas, mellor nin falemos.

Tan tolos non somos cando nesta liña de pensamento estiveron: Cunqueiro, Beiras Pai, Paz Andrade, G.Franqueira, Otero Pedrayo, Figueira Valverde, Risco, G. Marañón, J. Marías, Ortega y Gasset, Cela, Nietzsche, Tolkien…

Cogitationis poenam nemo patitur. Ninguén debe ser castigado polos seus pensamentos.

Exit mobile version