Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Foz presentou aos grupos municipais a proposta de orzamento do Concello para este ano

Foz, 11 de maio de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentou aos grupos políticos municipais a proposta de orzamento do Concello para este ano 2018 nunha xuntanza de portavoces.
O rexedor municipal explica que “os orzamentos do 2018 elabóranse baixo un condicionante diferencial de exercicios anteriores. Ese condicionante importante é que se redactarán ao mesmo tempo ou baixo a tutela dun plan económico financeiro que afecta aos anos 2018 e 2019 obrigado polo incumprimento da regra de gasto nas dúas últimas anualidades, a pesar de cumprir coa estabilidade e ter resultados orzamentarios positivos.
Basicamente pódese achacar este incumprimento no ano 2016 ao uso do remanente para grandes investimentos como a da reforma do pavillón e outras de case 1 millón de euros. E no 2017 polo mesmo motivo, neste caso para facer fronte a gastos correntes que foron eliminados dos orzamentos para dotar unha partida destinada ao pago de cerca de outro millón de euros á empresa Gestagua pola sentenza desfavorable ao Concello por non aprobar a subida da taxa pactada, como sempre suxeriu o Goberno”.
Javier Castiñeira engade que “é o propio desenrolo da la Ley Orgánica 2/2012, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera e de medidas contra a crise das administracións públicas, inxusta totalmente no noso caso, a que nos obriga a facer dito plan, posto que Foz carece de débeda bancaria, posto que cumprimos a estabilidade xerando un remanente de 2.7 millóns, dispón dunha liquidez superior aos 2 millóns de euros en caixa, como reflicten as actas de arqueo, e reducimos o período medio de pago en case a metade en 3 anos. Ademais de ser inxusta cos Concellos que se apertaron o cinto nos anos de 2011 a 2015, coma Foz, favorece aos endebedados, tal é o caso que o Estado retrocede nas súas esixencias e nos comunica hai uns días que agora si, neste ano 2018, poderase usar o remanente de exercicios pasados para investimentos diversos. Fora de opinións da xustiza ou non da aplicación da lei, debemos cinguirnos ás medidas que nos obriga o citado plan económico financeiro, para o que hai 2 alternativas: ou subir os ingresos vía impostos ou baixar os gastos eliminando servizos ou inversións, e con elo aprobar uns orzamentos para 2018 cun superávit de 75.411,90 euros”.
O alcalde de Foz comentou tamén que “a idea xeral, dado que a situación económica do Concello non reflicte a necesidade dun plan de económico ao uso e simplemente son motivos técnico legais os que determinan dito axuste, son as seguintes:
No capítulo de ingresos (7.468.995 euros) imos ser máis conservadores e irémonos a cifras máis conservadoras aplicando só un 80% sobre dereitos recoñecidos, e non do 100%, como se fixo ata agora. Iso reduce substancialmente a contía final, pero é máis fidedigna e é unha das medidas do plan.
Neste ano na partida 113 IBI URBANA contémplase un ingreso a maiores importante, duns 400.000 euros, polo cobro das liquidacións dos anos 2012 ao 2016 da revisión catastral de inmobles que non actualizaron cambios no Catastro. Con elo, polo menos este ano, evitaremos subir algún imposto, o que, por outro lado, sería inevitable se non tivéramos esta circunstancia. Quero recordar que no 2017 o imposto que máis recada, que é o IBI, reduciuse nun 10 por cento, incluíndo as bonificacións, o que causou unha redución considerable da recadación, en contra do que se promove na lei antes citada e do que entendían os técnicos municipais.
Ademais promóvense medidas de control da morosidade, que rebaixan o risco de débedas co Concello, especialmente en impostos indirectos e taxas que non leva o servizo de Recadación da Deputación.
A partida 290 de ICIO volve a ser negativa, prevendo devolver uns 150.000 euros este ano, seguindo a liña do últimos 7 anos.
Para o capitulo de gastos (7.393.583,10 euros) tense en conta a suxestión dos técnicos de axustar o gasto corrente ao real para evitar que partidas insuficientes causen logo recoñecementos extraxudiciais de facturas que quedaron fóra de contabilidade. Esta situación existía posto que nos anos intensos da crise reducíronse de forma moi considerable partidas de gasto corrente sen posibilidade real de eliminar o gasto”.
Castiñeira tamén especifica que “ademais contémplase como novidade un plan de limpeza e protección do patrimonio, que inclúe o castro de Fazouro e A Frouxeira con equipos especializados de 10.000 euros, e séguese co Plan Verán, de 100.000 euros. No capítulo 1 contémplanse unha suba do custo de persoal do establecido polo Estado do 2%, aínda que se esta redactando a nova RPT que deberá resolver en próximos exercicios como se leva a cabo, mantendo tamén o Plan de emprego de 120.000 euros. O importe das subvencións son duns 167.616,8 euros e non se contemplan os 100.000 para a posta en marcha da residencia, posto que o estudo de custes dunha posible concesión non contempla gastos para o Concello. Inclúese un novo club, A Areoura de ximnasia rítmica, con 800 euros e dous grupos (Batukada, con 1.000 euros e Mar aberto, tamén con 1.000 euros) e aumentamos a subvención da banda de música de 3.000 a 5.000 euros, mantendo o resto coas subidas acordadas o ano pasado”.
O rexedor municipal focense engade que “o principal axuste de gastos ven da redución do investimento nuns 300.000 euros, baixando a un total de 357.635,47 euros. Neste capítulo débense contemplar os 85.000 euros de custe da nova canceira, unha vez que teñamos os permisos; a ampliación do viario en Fonte da Cruz, con 49.714,69 euros; o pago polas expropiacións de terreos do paseo de Malates, con 18.973,75 euros, pendente do ano 2006, e uns 138.000 euros para arranxos de vías públicas e veciñais. O resto son basicamente compromisos de achegas da parte proporcional de subvencións solicitadas. Ademais nos orzamentos inclúense partidas concretas da escola de música, proposta da comisión de seguimento, e as becas de transporte e de natalidade aprobadas neste ano e a comida dos maiores, con 12.000 euros”.

Exit mobile version