Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de 2º de primaria do CEIP Virxe do Carme aprendeu este venres a separar de xeito correcto o lixo. Foi a través dun bingo de envases, organizado por Gaia

Segundo explican as monitoras de Gaia “formáronse cinco grupos e a cada un deles déuselles un cartón de bingo. A cada cartón correspondíalle un contedor distinto (azul, amarelo, verde tipo iglú e verde) ou o Punto Limpo. As bolas do bingo eran obxectos que tiramos ao lixo. Así que cada grupo poñía unha ficha no seu cartón se o obxecto que saía debía tirarse no contedor que representaba o seu cartón, así ata que un equipo completou o seu cartón e cantou bingo”.
Como premio os rapaces e rapazas de de 2º de Primaria do CEIP Virxe do Carme recibiron unhas bolsas para facilitar a reciclaxe para cada clase e un imán de Sogama para cada neno.

Exit mobile version