Site icon Crónica3.com A Mariña

O baloncesto feminino protagonizou a recepción ofrecida esta tarde no Concello as equipos campións provinciais do CB Burela e á xogadora do Ensino Margarita Moreira

Burela, 30 de maio de 2018. Este mércores tivo lugar no Concello burelés a recepción ofrecida aos dous equipos campións provinciais do Club Baloncesto Burela. Trátase do alevín feminino, que se proclamou campión provincial e 3º de Galicia, e do infantil feminino, que foi campión provincial e campión da Copa Deputación.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, felicitou “ás xogadoras, ao corpo técnico e á directiva do club polos logros conseguidos esta tempada” e lembrou que “o equipo de goberno multiplicou por 5 as axudas que recibía o CB Burela con respecto ao anterior mandato”.
Fernández Rey subliñou que “estes títulos son unha festa e un recoñecemento para o deporte base” e engadiu que “desde o Concello sempre contarán co noso apoio”.
A recepción tamén foi ofrecida a Margarita Moreira, xogadora do Ensino de Lugo, que acaba de ascender á máxima categoría do baloncesto feminino español. O concelleiro burelés tivo palabras de felicitación “para Margarita e para o Ensino pola espectacular tempada que fixeron e que concluíu co retorno deste club á elite do baloncesto feminino”.
Presidiron a recepción o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.

Exit mobile version