Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro de saúde de Foz será o seguinte destino da unidade móbil de axuda coas reclamacións (UMAR) , o vindeiro martes 15 de maio

A Mariña 11-5-18. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións desprazarase o vindeiro martes 15 de maio ao Centro de Saúde en horario de 11 a 13 horas . Consistirá nunha mesa informativa que se colocará no Centro de Saúde de Foz a modo informativo para profesionais e usuari@s e que tamén axudará a redactar e cursar reclamacións .
Animamos a veciñas e veciños do Concello de Foz para que se acheguen ate alí para consultar calquera dúbida que teñan sobre tempos de agarda que lle parezan excesivos ou mesmo derivacións , así como tamén se queren poñer unha reclamación.
A valoración que fai a Plataforma Sanitaria da UMAR e moi positiva .
A Plataforma Sanitaria fai unha valoración positiva desta Unidade Móbil desde a súa implantación na comarca o pasado 3 de abril ,con numerosas dúbidas resoltas @s usuari@s que se achegaron e unha tendencia crecente no que a presentación de reclamacións se refire.

Exit mobile version