Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de xubilad@s e pensionistas de Barreiros volveu a concentrarse este xoves diante do Concello en demanda de pensións dignas e con poder aquisitivo

Barreiros, 24 de maio 2018. Un xoves mais, e xa van dez, @s pensionistas de Barreiros concentráronse diante do concello en demanda de pensións dignas e con poder adquisitivo, pedindo a derrogación das reformas laborais de 2011 e 2013, xubilación aos 65 anos, pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional e demandando tamén a blindaxe do sistema público de pensións.
Asistiron á concentración tamén representantes do colectivo de pensionistas de Foz, feito que foi agradecido polo colectivo barreirense que tamén fixo mención á celebración dun pleno extraordinario o pasado 14 de maio no concello de Barreiros no que se tratou un escrito do colectivo de xubilad@s coas súas reivindicacións e que foi aprobado por unanimidade de todos os grupos da corporación.

@s pensionistas de Barreiros volverán a concentrarse o próximo xoves 31 de maio ás 12 da mañá, para seguir loitando por un Sistema Público de Pensións que permita unha vida digna ás persoas xubiladas de hoxe e ás que venen detrás.

“O PP pretende facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas. Agora queren vendernos un acordo partidario que se plasmou nos Orzamentos do Estado aprobados ontes, nos que incluen unha raquítica suba das pensións, coma se con iso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas das pensións de 2011 e 2013, e as reformas laborais, e as políticas económicas e sociais aplicadas. Coma se a nosa loita fora só pola suba duns euros na pensión”. Manifestaron desde a portavocía do colectivo.

Exit mobile version