Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para os 40 alumn@s que rematan infantil

Durante o acto proxectáronse fotos dos tres cursos de Infantil, despois entregáronlles diplomas e birretes aos graduados e finalmente cantaron unha canción todos xuntos. O equipo directivo do centro salientou que estes alumnos que rematan Educación Infantil “disfrutan dunha boa autonomía, falan e len moi ben, escriben, xogan cos compañeiros respectando as normas … Todo isto, en parte, é froito dunha labor magnífica de familias e colexio. Están preparados para afrontar a etapa de Primaria, é un gran éxito conseguido por eles, que son a materia prima máis fermosa, protagonistas do futuro”.

Exit mobile version