Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo participará no financiamento do primeiro estudio de investigación multidisciplinar sobre a Cova do Rei Cintolo

Mondoñedo, 12 de maio de 2018.- O Concello de Mondoñedo participará no financiamento do primeiro estudio de investigación multidisciplinar sobre a Cova do Rei Cintolo.

Os autores desta investigación son Xurxo Lorenzo, espeleólogo mindoniense e co-fundador do Espeleoclube Rei Cintolo, e Javi Fouz, espeleólogo madrileño fortemente vinculado coa cidade de Mondoñedo.

A Cova do Rei Cintolo é a caverna calcaria máis grande de Galicia, cun desenvolvemento de máis de 7.000 metros de lonxitude, dos cales uns 5.600 están topografiados, e conta cun desnivel de 100 metros. Esta investigación multidisciplinar será a primeira publicación deste tipo que se faga sobre a cova.

Este estudio é o resultado de tres anos de investigación e recopilación de información relacionada coa cova, por parte dos autores, o cal abarca múltiples campos: historia, lendas, a orixe do nome, achados arqueolóxicos, xeoloxía, bioespeleoloxía, unha detallada descrición de todo o interior da cova, visitantes ilustres…

Polo tanto, este estudo é froito dun minucioso traballo de investigación, ao que se engade a xenerosa contribución de moitas persoas, de toda Galicia e tamén de fóra, aportando información, fotografías, traballos e recordos.

Posta en valor e agradecemento
A alcaldesa de Mondoñedo destaca que a Cova é un “dos principais reclamos turísticos da cidade” de aí que “estamos a apostar fortemente por este recurso e seguiremos a traballar neste eido para impulsar a Cova do Rei Cintolo”.

“É de agradecer e destacar que dous espeleólogos levaran a cabo esta investigación que permitirá dar a coñecer un pouco máis sobre a Cova polo que desde o Concello, indudablemente, colaboraremos no seu financiamento”, remarca Candia.

Exit mobile version