Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou na presentación da nova directiva da asociación de comerciantes “A Mariña Federación”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na cerimonia “Cinco anos facendo comarca” coa que a asociación de comerciantes e hostaleiros A Mariña Federación presentou o seu programa de traballo e a nova xunta directiva que presidirá Jose Carlos Paleo. O delegado púxose a disposición dos asociados e gabou o traballo desenvolto polas persoas que formaron parte deste colectivo ao longo deste primeiro lustro de actividade, “polo seu compromiso, dedicación e esforzo, a favor do comercio da Mariña e por iniciar un camiño de unidade que paga a pena seguir percorrendo”

Exit mobile version