Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación participa no País Vasco no Festival Marítimo de Pasaia

Lugo, 17 de maio 2018. Marítimo de Pasaia (Guipuzcoa), que se celebra ata o 21 de maio, e que esta ano se dedica a Galicia. É unha iniciativa que conta cunha marcada vocación cultural e turística , ademais de ser un punto de referencia en materia de patrimonio marítimo de toda España, tanto da cornisa cantábrica como no sur de Francia, e que congregará a milleiros de visitantes ao longo destes 5 dias.

“É a primeira vez o Goberno da Deputación participa neste evento cun stand co que promovemos todos os atractivos da Costa Lucense, facendo fincapé na cultura artesanal do litoral, e levamos unha demostración en vivo de zocas da man do artista, Alberto Geada”, sinalou o Deputado.

Vidal Baamonde explicou “que o Executivo Provincial ofrece en Pasaia a todos os visitantes información dos catro xeodestinos da provincia a través de folletos, proxección de vídeos e fotografías, ademais dunha colección de artesanía con motivos mariñeiros falicitada polo CENTRAD. E tamén damos a coñecer eventos como o Arde Lucus, o Resurrection Fest e por suposto a nosa gastronomía coa APEHL, coa presentación da súa guia gastronómica”.

O Deputado lembrou tamén que o Goberno da Deputación “aposta por impulsar os atractivos da nosa provincia en feiras, festivais e cita turísticas referentes,como por exemplo FITUR, EXPOURENSE ou Termatalia, por citar algúns eventos”.

Culturmar
Este Festival de Pasaia, pretende ser herdeiro do encontro de Artes e Embarcacións tradicionais de Galicia, e a Deputación participa nel, a través de Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial), que tamén está presente neste evento, ademais do Ecomuseo de Arxeriz.

Exit mobile version