Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio organiza en Trabada unha charla café o mércores 16 de maio coa psicóloga Juana Blanco Carriqui co título “A muller como coidadora: obriga, devoción e outras realidades”

A Mariña 10-5-18. O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza en Trabada unha charla que se celebrará o próximo mércores 16 de maio ás 16:30 horas, na Casa da Cultura.

A relatora será a psicóloga JUANA BLANCO CARRIQUI, licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, especialista en Psicoloxía do Traballo, cursos de doutorado en Psicogerontología e diversos seminarios de formación con preferencia en intervención psicolóxica e violencia de xénero. Actualmente traballa en Intervención Psicolóxica e colaborando tamén con diferentes institucións impartindo cursos e obradoiros sobre autoestima, intelixencia emocional, técnicas de relaxación, manexo da dor…
Nesta charla tratarase de facer un percorrido pola vida das mulleres como principais proveedoras de coidados, de analizar o momento no que estamos e entender o que realmente podemos escoller e o que é unha obriga imposta polo mandato de xénero e tamén de dotarnos de estratexias e recursos de autocoidado para o día a día.

No Observatorio pretendemos abrir debates produtivos e dar a coñecer distintas problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres. Como organización de ámbito comarcal realizamos actividades nos diferentes concellos da Mariña e esta é a primeira ocasión na que nos acollen xs habitantes de Trabada.

Convocamos a todas as persoas interesadas a que asistan a esta charla e tamén aos medios de comunicación para que lle dean a máxima cobertura posible.

Exit mobile version