Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP propón melloras na biblioteca de Viveiro

Viveiro a 29 de maio de 2018. Antonio J. Bouza Rodil , en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno :

No último pleno celebrado o pasado 2 de maio, e ante un rogo formulado polo noso grupo sobre o horario da biblioteca, a Sra. Alcadesa manifestaba que se alegraba da presentación do mesmo porque iso significaba que esta funcionaba.

Dado que dende o noso grupo temos detectado unha serie de deficiencias que sería bo correxir, e co ánimo de que funcione mellor, e polo que a través destes rogos lle imos a plantear unha serie de melloras na bibioteca municipal, que sin dúbida servirán para mellorar a súa eficiencia e contribuirán a un maior grado de satisfacción dos usuarios.

1º – Sería convinte facer unha pequena remodelación no diseño da biblioteca dado que o persoal responsable da mesma, en lugar de estar ó carón da porta e na planta baixa, están na última o que dificulta os prestamos e a recollida de libros, así como o control dos materiais que hai nesta primeira planta – co que resulta relativamente fácil o furto dos mesmos -.

2º – Relacionado co anterior, habería que magnetizar os libros e poñer arcos detectores nas portas e controlados polo persoal da biblioteca, ó obxecto de impedir a sustracción dos mesmos, e en caso de que este feito se producise saber de que título se trata.

3º – Debería de elaborarse unha base de datos cos libros existentes e que se puidese consultar polos usuarios para saber de que títulos dispoñen. Por este motivo sería bo colocar varios postos informáticos onde os usuarios puidesen facer esta consulta na citada base de datos.

4º – Debería de mellorarse a dotación de fondos e de obras na Biblioteca Municipal, non estando de máis que se aumentase a partida anual para mercar novos títulos e entre os que sería moi recomendable adquirir, por motivos obvios, un orixinal das obras completas do insigne Pastor Díaz .

Por todos estes motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que leve a cabo as xestións necesarias para levar adiante estas propostas de mellora da Biblioteca Municipal.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Partido Popular de Viveiro

Exit mobile version