Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente de Acisa mantivo un encontro co Alcalde e coa concelleira de Turismo e Comercio

Ribadeo, 9 de maio de 2018. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, mantivo un encontro nas últimas horas co alcalde, Fernando Suárez, e coa concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez. Tratouse dunha primeira toma de contacto tras a renovación da xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Iriarte explicou que “foi un encontro informal no que quedamos en establecer un calendario de traballo entre o Concello e Acisa para abordar cuestións como o vindeiro Ribadeo Indiano, que se celebrará do 6 ao 8 de xullo na nosa vila, e tamén temas de interese para o empresariado ribadense, que xa irán concretando en datas próximas”.
O presidente de Acisa dixo que “a conversa foi distendida e quedamos en poñernos a traballar en todo o que nos ocupa e nos preocupa en breve”.
Premio do día da nai
Desde a asociación ribadense lembran que “a persoa afortunada co premio do Día da Nai de Acisa Ribadeo ten ata o 21 de maio para reclamalo na oficina da asociación. A papeleta é a 7.206. Trátase dos catro últimos números do sorteo extraordinario da ONCE de onte, 6 de maio (27.206)”.
O premio consiste en 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper.

Exit mobile version