Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz móstrase estupefacto diante do anuncio do Alcalde de que os residentes de Álvaro Cunqueiro non poderán acceder durante medio ano aos seus garaxes

Foz a 4 de maio de 2018 Na reunión informativa que onte mantivo o alcalde de Foz acompañado de representantes da empresa que vai executar a reforma da Rúa Álvaro Cunqueiro avanzou que non se ía permitir ningún tipo de circulación pola rúa para acceder os garaxes existentes na zona.
No proxecto de execución aprobado, que debería ser respectado, figuraba con claridade que se permitiría o acceso aos vehículos dos veciños residentes aos garaxes particulares en todo momento.
Os socialistas consideramos unha aberración que durante 5 ou 6 meses non se permita dito acceso, medio ano no que estes veciños se verán obrigados a buscar aparcadoiro, na rúa, lonxe dos seus domicilios con todos os inconvenientes que iso provoca, desde a falta de seguridade diante dun roubo ou dano no vehículo á escaseza lugares habilitados para aparcar todos os coches que se terán que desprazar da propia rúa, de outras nas que se prohibirá o aparcamento e de todos estes garaxes afectados ata as de ter que cargar coas compras ou bultos pesados, non poder recoller unha persoa con mobilidade reducida etc…
Os motivo aducido para semellante despropósito, que na reforma da avenida da Mariña unha inspección da Xunta ameazou con paralizar a obra por permitir o transito de vehículos, soa a desculpa barata, xa que neste caso o tráfico rodado será desviado por outras rúas.
As obra poden compatibilizarse perfectamente co paso aos garaxes coas debidas medidas de seguridade, de feito si garanten o paso de mercadorías para o comercio existente na zona, por que non para os garaxes? O PSOE non quere ser malpensado, pero este feito de non deixar acceder ós residentes, fai pensar que teña que ver con primar os intereses da empresa contratista que así abarataría custes ao non ter que valar e sinalizar as zoas de obra.

Exit mobile version