Site icon Crónica3.com A Mariña

O salón de plenos foi escenario da recepción ofrecida esta tarde polo Concello aos equipos cadete e xuvenil do Burela FS en recoñecemento aos últimos logros deportivos conseguidos.

No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández. Xunto a eles estiveron o presidente do Burela FS así coma outros diretivos, adestradores e corpo técnico destes equipos. Ramiro Fernández dixo que “é un orgullo para o Concello entregar estas placas a estes equipos cadete e xuvenil. Para nós o deporte base é unha prioridade absoluta. E ogallá estes rapaces poidan chegar moi alto e xogar algún día co primeiro equipo”.

Exit mobile version