Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación das accións do proxecto Terras de Miranda-Turismo de Lugo para 2018

Mondoñedo, 03 de maio de 2018.- O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda presenta este luns 7 de maio, ás 17.00h, as accións que se levarán a cabo neste 2018 dentro do proxecto “Terras de Miranda – Turismo de Lugo” financiado con fondos europeos a través do Programa Leader.
O obxectivo principal é o de continuar coa valorización dos produtos gastronómicos a través do turismo. Trátase xa que logo de fomentar unha mellora da competitividade do tecido empresarial, así como a xeración de sinerxias que redunden en experiencias paquetizadas adaptadas ás características actuais dos visitantes.
O evento estará presidido polo presidente do GDR-1 Terras de Miranda, Vidal Martínez Sierra-López; a xerente, Mª Elena Martínez Paz; e por representantes da empresa Valora Consultores, encargada da realización do proxecto.

Exit mobile version