Por iste motivo decide contactar coa Plataforma Sanitaria que lle axuda a redactar unha reclamación rexistrada o día 19 de abril de 2018 , con número de entrada 1887.Pasado case un mes desde a súa presentación o paciente segue relegado ao esquecemento por parte da xerencia. A gota que colmou o vaso e que lle empurrou a acudir ao xulgado foi que, cando o pasado mes de abril acudiu á farmacia a retirar a medicación que invariablemente toma desde o ano 2006 “ atópome coa sorpresa de que me modificaran a dose dun deles sen previo aviso e sen que ninguén me informara de nada nen fora visto por médico algún. Cando lle preguntei á miña médica de familia, gran profesional e con gran interés polos seus pacientes, díxome que ella recibira ordes escritas de tal cambio “- comenta visiblemente enoxado. O paciente presenta un escrito de denuncia no Xulgado de Mondoñedo o día 11 de maio de 2018 e inmediatamente despois contacta de novo coa Plataforma anunciando que desexa acudir aos meios de comunicación e acusa “ á Xerencia do Sergas e á Xunta de Galicia de desprezo aos pacientes pois parece que o servizo de Saúde Pública está en mans de políticos manipuladores da nosa saúde polo simple feito, segundo se lles oe decir, para aforrar cartos”-relata o paciente na súa denuncia.
Para a Plataforma Sanitaria este caso supera con moito os límites tolerables e a paciencia infinita que @s veciñ@s estan a amosar cara á administración que día tras día devolve esta consideración en foma de desprezo, burla e falta de respecto. Desde este colectivo esiximos a esta Xerencia e ao Sergas que se deixe xa de propaganda ambigua e autocomplacente e que se poña a traballar de verdade nunha xestión en función das necesidades da poboación sen primar criterios economicistas porque “todo ten un límite e a paciencia de pacientes e profesionais esta a punto de esgotarse , e cando esto ocurre nunca se sabe por onde pode estoupar a indignación veciñal”- conclúen desde a Plataforma.