
KODAK Digital Still Camera
Neste tempo Viveiro e os outros 14 concellos, asumen o reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao contedor amarelo (latas, briks e envases de plático) cando menos nun 10% en comparación co mesmo periodo do ano anterior. Ë dicir cada municipio terá que superarse a sí mesmo.
Os municipos que o consigan recibirán un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social local elixida polo Concello, neste caso e dado a sua importante labor o Concello de Viveiro decidiu que a destinataria dsexa ASPANANE.
O obxetivo desta acción non é outro que mellorara a taxa de reciclado incluso máis aló destes tres meses, espertando conciencia na cidadanía sobre a importancia que ten para o medio ambiente, separar correctamente os residuos en cadanseu contedor, neste caso no amarelo.
Netse importante reto contaremos co apoio de accións innovadoras con intervenciónn nas rúas e unha ampla campaña de comunicación en medio e redes sociais.
Este reto supón para Viveiro un obxetivo importante, non só pola axuda que se lle pode prestar a ASPANANE, se non pola importancia que a reciclaxe ten para o medio ambiente.
A día de hoxe Viveiro está bastante lonxe de acadar os obxetivos de reciclaxe marcados pola Unión Europea para o ano 2020, ainda que ano a ano imos mellorando .
Por iso dende o Concello estanse levando a cabo diferentes campañas de concienciación, algunhas, com ésta en colaboración con Ecoembes e a Xunta de Galicia.
Un dos lemas desta campaña o dí “So respiramos aire” e so temos un planeta……así que temos que coidalo, é a nosa responsabilidade.
Datos
Nos meses de maio, xuño e xullo de 2017 recolléronse un total de 66.070 kg (18.460 kg en maio, 17.410 kg en xuño e 30.200 kg en xullo), polo que este ano, nestes meses, teríamos que aumentar 6.607 kg