Site icon Crónica3.com A Mariña

Resposta ó portavoz do PP de Valadouro de Edmundo Maseda

O Valadouro 18-5-18. O “cinismo” e as falsedades do señor Lamela, portavoz do PP do Valadouro
O señor Lamela demostra unha vez mais que non ten nin a mais remota idea de cómo funciona un Concello,( cousa incomprensible despois de ser Tenente de Alcalde 12 anos, Alcalde 2 anos el levar como xefe da oposición preto de 5 anos), non se entera dos procedementos das axudas, e por si fora pouco FALSEA os datos para utilizalos contra esta Alcaldia, mentindo descaradamente os vecinos de O Valadouro.
Vamos por partes: 1º.-Definición de “cinismo”
CINISMO: Palabra do latín cynismus que fai referencia a impudencia, a obscenidade descarada y a falta de vergoña a hora de mentir ou defender accions que son condeables
Actitude da persoa que minte con descaro e defende ou practica de forma descarada, impúdica e deshonesta algo que merece xeral desaprobación
Entremos en materia: Fondo de compensación ambiental 2017
Solicitude do Concello: Proposta da Alcaldia do 16 de febreiro de 2017
Orzamento total do proxecto: 171.666,32…….orzamento obra e/ou equipamento 123.700,86 (dos cales 93.700,86 son para obra saneamento campo do árbol, e 30.000 para adquisición tractor desbrozador)…….orzamento gastos funcionamento 47.961,46 (Xestion de residuos, e decir: sogama, Limpeza viaria e a contratación do 15 de abril o 15 de setembro de 5 peons para o mantemento de espazos naturais e escola de agricultura ecolóxica)
Xustificación dos investimentos: Resolucion da Alcaldía número 335/2017 do 13 de novembro de 2017 (da que se deu conta no Pleno da Corporación e que o Sr. Lamela tería que ter lido) : … GASTOS DE FUNCIONAMENTO :Gastos imputables o proxecto:
Recollida lixo (sogama) …15.588,57. Gastos de limpeza viaria: 18.521,92
Gastos mantemento espazos naturais e escola agricultura ecolóxica (5 peons )…: 17.407,01
Total gastos soportados: 51.517,50 Fiananciamento ( Fondo ) 47.965,46
E dicir: xustificanse mais do que financia a Xunta, non se deixa de invertir nada nin na escola nin en ningures, a escola funcionou ata o 15 de setembro, e ahora está pendente da línea de internet para homologala y empezar a programar as actividades. Non leva mais dun ano sin atender, como dí Lamela.
De onde saen pois os 9.424 € do Sr. Lamela???
Na obra do saneamento partese dun orzamento en proxecto de 93.700,86. Na licitación de esa obra a empresa ganadora do concurso, presenta un orzamento de 84.276€. o que supón unha baixa de 9.424 €. Baixa esta que o Sr. Lamela sabe que retorna a Xunta, pois non permite a reinversión das baixas na adxudicación das obras ( cousa que sí permite a Deputación de Lugo)
Queda demostrado que o Sr. Lamela manipulou as contas, mentindo tratando de engañar os veciños obrando con malas artes e de mala fé.
Esta Alcaldia non deixa de invertir nin un céntimo do que se lle concede. O Sr. Lamela sí ten experiencia neso, cando era tenente de alcalde e concelleiro de deportes, deixou de executar unha subvencion para o pabellón de deportes “ porque chovera moito e non se pudo facer” como dixo nun Pleno , o que eu asistin en calidade de ointe. Tome nota Sr. Lamela e haber si de unha vez por todas se lle ve facer algo polo Valadouro, e deixe de “groña que groña”

Atmnte: Edmundo Maseda Alcalde.

Exit mobile version