Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana das Letras e da diversidade cultural no concello de O Valadouro

O Valadouro 12-5-18. Desde a última semana do mes de marzo contamos, na sala de exposicións da casa da cultura do concello de O Valadouro, cunha exposición de varios cadros feitos baixo a técnica do acrílico do autor valadourés Pepe Blanco e á que se achegaron numerosos veciños e visitantes. Dito traballo, estará exposto durante a vindeira semana para que se acheguen ainda quen ata o de alí non se achegara.
Deste xeito, desde a concellería de cultura liderada polo nacionalista Eduardo Chao, organízase unha semana plagada de actos para homexear á autora galega María Victoria Moreno e a diversidade cultural.
A primeira cita terá lugar o mércores 16 onde os nenos do Ceip Santa María do Valadouro van a leer o conto viaxeiro realizado por eles para dar paso ó espectáculo de “A VIAXE DA PALABRA QUE NON ERA VALENTE” co grupo de Silvia Penedo e César de Centi. Poderase disfrutar desta actividade a partires das 14:30h. no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro.

O xoves, día grande das Letras Galegas, a partir das 12:30h os grupos de cantareiras pequenas e medianas da asociación cultural Amado Lar O Valadouro interpretarán cantigas populares e tamén lerán contos da autora homenaxeada, namentras que os datos biográficos e da obra da autora correrán a cargo de Lionel Rexes.

Xa pola tarde, ás 20:00h. a compañía teatral Bandullo Azul representará un dos contos da autora: MAR ADIANTE con temática de índole familiar.

O venres, para dar comezo ós actos de diversidade cultural, ás 19:00h. no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro, o clube de escola de ximnasia deportiva Porta Norte de Burela realizará unha exhibición de Ximnasia Rítmica.

De seguido, o venres, ás 21:00h. proxectarase a primeira longametraxe de stop motion realizada en Galiza: O APÓSTOLO e ó día seguinte, o sábado 19 rematará coa proxección do Filme de Ignacio Villar: PRADOLONGO.

Todas estas actividades están organizadas pola concellería de cultura do concello de O Valadouro e englobada dentro do programa de promoción e divulgación cultural no plan único da Deputación de Lugo.

Todas estas actividades son, de costume, de balde.

Exit mobile version