Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana de deporte e saúde en ASPANANE

Viveiro 22-5-18. Continuando co mes de deporte en Aspanane, estes días recibiron a visita no Centro Ocupacional situado en Lavandeiras (Celeiro) da asesora nutricional e bióloga Cristina Noriega do Centro de Fisioterapia Maniotas de Viveiro quen impartiu unha charla sobre “Alimentación saudable e nutrición deportiva”, seguida con atención e logo cun interesante coloquio entre a ponente e os asistentes á charla.

Noutra sesión recibiuse a visita dos xogadores profesionais de futsal viveirenses Sergio Cora e Lara Balseiro do C.D. Pescados Rubén – Burela F.S. e da xogadora burelá Silvia Rubal do Fiberpasta Chiaravalle de Italia que falaron dos seus inicios no mundo do deporte, da súa evolución ata chegar a ser profesionais e acadar gañar competicións cos seus clubs, dos hábitos saudables e coidados que deben ter un deportista de elite, nunha interesante interacción con usuarios e monitores. Posteriormente tivo lugar unha sesión de fotos, sinatura de autógrafos e dedicatorias.

Exit mobile version