Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballos gañadores do Certame de narración e debuxo infantil celebrado con motivo das Letras galegas en Cervo

Cervo 15-5-18. O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convocou un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O concurso estaba aberto a todos os nenos e nenas, que quixeran presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temáticas “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, deu a coñecer hoxe os gañadores e as gañadores, logo da deliberación do xurado. Son os seguintes:

Certame de Narración:

– Na categoría de menores de 8 anos Beatriz Penelo (1ª) e Valeria Iglesias (2ª)

– Na categoría de maiores de 9 anos: Nuria Rey (1ª) e Tania Vilar (2ª)

Certame de debuxo:

– Na categoría de menores de 8 anos: Adrián Prado (1ª), Aleixo Fernández (2ª) e Leire Arias (3ª)

– Na categoría de maiores de 9 anos: Oliver Álvarez

Os premios serán entregados o sábado, antes do concerto de Caxade, que terá lugar ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura. Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura.

Exit mobile version