Fernando decidiu regalarlle este agasallo á súa dona, Reyes Yanes. Unha das bases da campaña dicía que “de non ser unha nai a gañadora directa, o gañador ou gañadora deberá designar á súa nai ou a outra que coñeza para regalarlle o premio”. Reyes Yanes é nai e por iso o seu marido decidiu que sexa ela a que consuma este premio.
A gañadora gozará dun sábado, neste mes de maio, dunha sesión de beleza e dun día de compras guiada por un personal shopper, que a acompañará para gastar os 300 euros do premio en vales de compra, e para ter a oportunidade de que un experto a asesore para facer un cambio de look aínda que sexa por un día. Desde Acisa lembran que “o agasallo inclúe ao menos un tratamento de beleza nun dos centros asociados, unha compra nunha xoiería e unha compra nunha tenda de roupa ou de complementos”.