Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os gañadores e gañadoras do Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2018 convocado pola biblioteca municipal El Viejo Pancho

Ribadeo, 25 de maio de 2018. A Concellaría de Cultura ven de facer público o fallo do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018, que convocou na súa fase local a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifesta que “un ano máis a festa das letras tróuxonos as letras e os pinceis creativos da man dos nenos e nenas, mozos e mozas, de Ribadeo. Acábase de fallar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018 na súa fase local, e os premiados e as premiadas son os seguintes:”
NARRACIÓN
CATEGORÍA A (ata 8 anos)
“A soldadiño de chumbo”. Rodrigo López García (7 anos) C. Sagrado Corazón
“A casiña de chocolate”. Mateo García Amor (6 anos) C. Sagrado Corazón
“Rapunzel”. Enma Pedreira Bouza (8 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
“O lobo vexetariano”. Jorge Cabana Díaz (11 anos) CEIP Gregorio Sanz
“A avóa feroz”. Juan Rodríguez Cancio (11 anos) C. Sagrado Corazón
“A comilona de Hansel e Gretel”. Marta Fernández Quiñoa (11 anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
“Tomás (A Bela durmiente)”. Marta Ortiz González (14 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
“Xoán con medo”. Irea Bolaño Cotarelo (14 anos) C. Sagrado Corazón
“Unha princesa moi guerreira”. Sara Fernández Cano (15 anos) C. Sagrado Corazón

DEBUXO
CATEGORIA A (ata 8 anos)
Nahir Prelo Álvarez (8 anos) C. Sagrado Corazón
Luca García García (5 anos) CEIP Gregorio Sanz
Nuria Pérez Dopico (5 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
Martín Felipe Hermida (9 anos) C. Sagrado Corazón
Raúl Barcia López (9 anos) C. Sagrado Corazón
Yasmine Dilami Hachmaovi (9 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
Emma Astorga Manzanal (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Irene Suárez Sixto (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Claudia García López (12 anos) C. Sagrado Corazón
O edil de Cultura subliñou que “é un orgullo para todas e todos nós que os nosos nenos e nenas, mozos e mozas, se animen a escribir e a debuxar a súa faceta creativa desenvolta en beneficio seu propio para a súa formación como persoas e de toda a comunidade porque dignificamos desta maneira as nosas letras no mes da festa das letras. E noraboa a todos e todas. A entrega dos premios terá lugar o día 7 de xuño ás seis da tarde, na biblioteca municipal El Viejo Pancho”.

Exit mobile version