Site icon Crónica3.com A Mariña

35 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove fan unha viaxe cultural a As Pontes.

Visitaron a granxa Xareleira, na parroquia do Aparral. Foron recibidos pola Primeira Tenente de alcalde Monserrat García, para continuar cun paseo polo parque municipal. Despois dun bó xantar, visitaron o Encoro de Ribeira, o Muiño Novo de Prieto e os Poboados e a Fraga. Continuaron a visita pola Vila Histórica, un paseo polo novo lago e a Senda da Memoria. Para rematar visitaron a Central, o Poboado das Veigas e Lar. O grupo estivo acompañado pola concelleira de Cultura Dolores Meitín e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.

Exit mobile version