Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación burelesa, que se atopa en Madrid, visitou o Congreso dos Deputados

Burela 29-6-18. O alcalde, Alfredo Llano, os representantes da asociación cultural Ledicia e os xubilados da Moncloa adentráronse no Palacio das Cortes e realizaron un percorrido polas instalacións. Coa expedición burelesa estiveron no hemiciclo os deputados lugueses do PP Jaime de Olano e Joaquín García Díaz.
Mañá, sábado, será cando teña lugar ás 20:00 horas no restaurante Burela unha degustación de bonito. Alí o rexedor, os xubilados do mar e Ledicia explicarán como se captura este túnido e o que supón para a economía de Burela, entre outras cousas. Alfredo Llano tamén falará do barco museo Reina del Carmen, a mellor forma de achegarse ás costeiras do bonito para entendelas. O rexedor fará fincapé en que se trata do único barco museo flotante que existe en España.
Con esta campaña de promoción de Burela en Madrid o que se persegue é tentar conseguir a declaración de festa de interese turístico nacional para a feira do bonito, que se celebra a principios de agosto.

Exit mobile version