Site icon Crónica3.com A Mariña

A ED Pescados Rubén Burela FS pecha o curso cunha festa

Burela 22-6-18. A Escola Deportiva Pescados Rubén Burela FS despediu o curso 2017-18 onte pola tarde cunha festa. O mausoleo laranxa, Vista Alegre, acolleu a clausura, para dar paso ao divertimento no pavillón Monte Castelo.

No acto de clausura, dirixido polo director da escola, Alfonso Mera, os/as alumnos/as de Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Primeira Galicia Feminina recibiron cadanseu diploma e un pequeno agasalliño, coa presenza do presidente do club, Manuel Blanco; a vicepresidenta, Cesarina Fanego; o secretario, José Dovale, e o directivo Rubén Blanco, xunto ao xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández; ademais do técnico burelista Juanma Marrube.

Tras a foto de familia de fin de curso, a festa continuou no Monte Castelo, con inchables e unha merenda.

A ED Pescados Rubén Burela FS despedirá a tempada oficialmente co Memorial Heroes do Orzán, que se disputará en Burela, Cervo, Foz, Xove e Viveiro entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

Exit mobile version