Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de alumnxs este venres 21 de xuño, ás 18:30 horas. Será nas instalacións da propia Escola e terá carácter gratuíto

Segundo explica Xan Carballal, director do centro, “por medio desta audición a aula de canto, á fronte da que está a soprano rusa Irina Alexandrovna preténdese dar a coñecer o traballo realizado polos alumnos e alumnas desta especialidade ao longo do ano”. O repertorio é propio para este tipo de eventos con obras típicas de canto con autores consagrados como Monteverdi, Vilvaldi, Mozart, Puccini, etc, que compartirán escena con obras mais populares como son o pasodobre. Este concerto enmárcase nos actos programados para o presente ano pola Escola Municipal de Música de Burela

Exit mobile version