Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña COGAMI celebra a XX Asemblea Xeral Ordinaria

A Mariña 15-5-18. O sábado, 16 de xuño, ás 13 horas na sala de eventos do restaurante O Asador (Cruz do Lobo-San Cosme de Barreiros) a asociación de persoas con discapacidade A Mariña COGAMI celebra a XX Asemblea Xeral Ordinaria.
A esta convocatoria están confirmadas 30 persoas asociadas da entidade, que serán informadas pola presidenta, Emma Caamaño, das actividades realizadas durante o ano 2017, a inversión que supuxeron para a asociación estas actividades e servizos prestados e tamén se adiantarán as actividades que se están a desenvolver e que se realizarán ata fin de ano.
Tras rematar a asemblea, todas as persoas asistentes compartirán un xantar de confraternidade, un bo pretexto para poder afianzar lazos de amizade.
A Mariña COGAMI
Esta entidade nace en 1989 para prestar servizos e apoio ás persoas con discapacidade que viven nos concellos de A Mariña, entre os que destacan: información, orientación e asesoramento a través de campañas de difusión e sensibilización; actividades de lecer e tempo libre; o programa de saúde que trata sobre rehabilitación física e emocional; cursos de formación, actualmente estase impartindo un curso AFD de Xestión administrativa que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria; por último, conta tamén cun centro de recursos en Palmeiro que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade e familias, onde un equipo de profesionais deseña un plan de atención axustado ás súas capacidades.
Arestora a asociación conta con 189 persoas asociadas.

Exit mobile version