Dentro dos méritos de Suso para recibir este galardón, destacan os vinte anos como directivo destacado da peña da súa localidade, e de ser unha persoa que se preocupa polos socios da peña.
Neste acto estará acompañado por outros directivos e socios.
A Xuntanza de peñas celebrarase dende o sábado pola tarde, pero os actos principais terán lugar o domingo. Ás 10.30 h será a recepción de peñas e autoridades. Seguidamente un pasarrúas. Logo terá lugar unha charla coloquio onde serán entregados os citados galardóns. Finalmente e como broche final, celebrarase a comida da Xuntanza.
Está prevista a presencia de peñistas de toda Galicia, así como representantes do FC Barcelona, ex-xogadores e xornalistas de ámbito barcelonista.
Con esto, a Peña barcelonista San Miguel pon remate ás actividades desta tempada 2017-2018, xa coas vistas postas na 2018-2019.